15/11/09

Keith Haring



Keith Haring: corpo, posicións, cores, formas, tamaños, figuras, series, números, letras.....

A súa páxina: Keith Haring

A páxina para @s nen@s: HaringKids

10/11/09

Magosto 2009



Hoxe día intenso: peóns, contos, cancións, bailes, maquillaxe, xogos, castañas, caras manchadas, risas... FESTA RACHADA! O noso magosto.

09/11/09

Peóns, buxainas, trompos....






Hoxe o profe trouxo unha chea de peóns (trompos, buxainas....). Trouxo unha "peona" coa que xogaba o seu pai, trouxo o seu peón de cando era pequeno, había outro que polo visto era de China e que se lanzaba cun pau e cun cordel; e había un que facía ruído coma unha sirena; habíaos grandes, pequenos, peóns que se daban a volta cando xiraban, que tíñan unha serpe que se movía, de moitas cores, de distintos materiais....
Tocámoslles, fixemos series, vimos como se lanzaban, xogamos con eles....
E, a que viña todo isto? Pois ademais de ser un bonito xogo tradicional, é que ademais o día 11 é o Día do Peón, no que o noso cole participa un ano máis e que nós celebraremos mañá co magosto.
Se queredes saber máis sobre os peóns e o Día do Peón non deixedes de visitar o último número do Vieiros da Escola e a páxina de xogos populares.
Polo San Martiño, PEÓNS AO CAMIÑO!.

07/11/09

Un mundo de cores

Cores, mesturas, monecos bailando, saltando.... un mundo de cores!

06/11/09

O martes... MAGOSTO!

Xa sabedes, o martes 10 magosto! Haberá obradoiros, xogos, cancións, bailes e, por suposto, CASTAÑAS ASADAS!
Aquí vos queda este pequeno conto (do que ademais falamos hoxe) da "Castaña que rebentou coa risa"


Que o disfrutedes!

O conto foi atopado (e feito) na páxina do biblioblog do CEIP de Ponzos.

30/10/09

Samaín 2009



Hoxe rematou a semana do Samaín. Unha semana terrorífica! Fixemos cabazas e pantasmas de cores coas que axudamos a engalanar todo o cole; baleiramos na clase unha cabaza á que lle puxemos ollos, nariz e boca. Tamén trouxemos as nosas cabazas todas disfrazadas (e ben chuliñas que estaban). Hoxe, ademais, viñeron @s nen@s maiores facernos o "truco ou trato" (escollemos trato, que non estamos para sustos), fixemos a nosa primeira "excursión" ao outro cole, o dos maiores, onde nos contaron un conto de medo/risa en inglés; despois fomos ver a exposición de cabazas e ata nos visitou un dragón. Non tivemos nada de medo (bueno imos contar toda a verdade: algún sustiño si que houbo, pero pequenos ja,ja,ja). Para rematar a mañá vimos unha película de "monstros". Unha semana e un día intenso!

27/10/09

Samaín



Xa se achega o Samaín! Tes unha cabaza na casa? Pois tráea decorada! Ponlle gorro, orellas, dentes, ollos ... o que queiras, ao teu gusto. Podes traela o día 29 e 30 (antes non as recollemos), que faremos unha exposición.
IMOS ENCHER O COLE DE CABAZAS!!!!