21/05/10

Carta para os nenos e nenas do CEIP de Aguiño


Xa hai tempo, os nenos e nenas do CEIP de Aguiño mandáronnos un paquete cunhas latas de conserva; hoxe escribímoslles unha carta (non era sen tempo) para agradecérllelo e xa de paso mandarlles tamén un pequeno agasallo.
"Ola nenos e nenas de Aguiño. Mandámosvos estes ollomaos por ternos mandado as latas de conserva xa hai tempo. Esperamos que vos gusten. Esperamos unha carta vosa contándonos moitas cousas. Bicos e apertas"

17/05/10

17 de maio, Día das Letras Galegas


"Canta o cuco, cala e canta
dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
e volta o cuco a cantar"

Uxío Novoneyra

..."Fiandeiriña que fías
nas noites do longo inverno
as liñas máis delgadiñas
co fío do pensamento."...

Uxío Novoneyra

"... Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!"

Uxío Novoneyra

10/05/10

Correlingua 2010


Os nenos e nenas de infantil do Xulio Camba fomos ao Correlingua 2010 en Vilagarcía e ademais saímos no Canal Rías Baixas (míranos aquí)