E chegou o día; despois dos ensaios chega a hora da verdade! medo escénico? Non, ningún. Algún despiste? Pode ser jajajajajaja. Uns monecos de neve xeniais. Parabéns artistaz@s!!!
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, día 16 de Setembro.
A medida tómase en base á predición da Axencia Estatal de Metereoloxía dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia a partir das 00,00 do mércores 16 de Decembro.
No medio de Papá Noel e os Reis Magos tamén aparece a figura do Apalpador. Quen é o Apalpador? Pois o vello Apalpador, ou Apalpadoiro, ou Pandegueiro, como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.
Tamén hai sitio para a figura deste homiño entrañable que se está tratando de recuperar por algunhas zonas. Mirade tamén este relato de Fina de Ferramulín sobre o Apalpadoiro:
Aló no norte, na Mariña Lucense, os ollomaos (ou bíteres) traen sorte; navegando, navegando... baixamos ao sur, ao mar de Arousa. Despois dun tempo por alí....remontamos ao interior, polos ríos, e agora chegamos ao Val da Maía!