04/11/11

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Como consecuencia da Orde emitida pola Consellería de Educación e O.U., con data do 23 de xuño do 2011 (DOG do 30 de xuño) na que se responsabiliza da atención do alumnado, antes e despois do horario escolar, ao profesorado do centro e se lle amplía o horario de atención directa ás actividades lectivas, o profesorado do CEIP Xulio Camba, por maioría, acordou.

1º- Amosar a súa disconformidade coa citada orde, considerando, por unha banda, que asigna ao profesorado funcións que non lle son propias e, por outra, recorta o número de horas que o profesorado viña empregando para a realización de tarefas complementarias, o que incide na calidade do sistema educativo.

2º- Establecer un servizo de garda dun profesor/a en cada edificio do centro para recoller ao alumado transportado a partir das 8:40 horas respectando o establecido na mencionada Orde. Abrir o recinto escolar ao resto do alumnado ás 8:55 horas, hora á que se incorpora a meirande parte do profesorado do colexio. O centro dispón dun servizo "Plan madruga" para recibir alumnos/as a partir das 7:30 horas.

3º- Debido ao aumento das horas de traballo presencial co alumnado, as celebracións recomendadas no calendario escolar e as actividades complementarias e extraescolares que se programen para este curso 2011-2012, realizaranse no contorno da aula ordinaria, agás as relacionadas co deporte escolar e o programa de inmersión lingüística. Non irán incluídas na programación actividades como saídas culturais, festivais conmemorativos e celebracións que requiran un tempo extraordinario para a súa concreción.

Agardamos de vostedes a comprensión destas medidas.

O profesorado do centro