04/11/11

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Como consecuencia da Orde emitida pola Consellería de Educación e O.U., con data do 23 de xuño do 2011 (DOG do 30 de xuño) na que se responsabiliza da atención do alumnado, antes e despois do horario escolar, ao profesorado do centro e se lle amplía o horario de atención directa ás actividades lectivas, o profesorado do CEIP Xulio Camba, por maioría, acordou.

1º- Amosar a súa disconformidade coa citada orde, considerando, por unha banda, que asigna ao profesorado funcións que non lle son propias e, por outra, recorta o número de horas que o profesorado viña empregando para a realización de tarefas complementarias, o que incide na calidade do sistema educativo.

2º- Establecer un servizo de garda dun profesor/a en cada edificio do centro para recoller ao alumado transportado a partir das 8:40 horas respectando o establecido na mencionada Orde. Abrir o recinto escolar ao resto do alumnado ás 8:55 horas, hora á que se incorpora a meirande parte do profesorado do colexio. O centro dispón dun servizo "Plan madruga" para recibir alumnos/as a partir das 7:30 horas.

3º- Debido ao aumento das horas de traballo presencial co alumnado, as celebracións recomendadas no calendario escolar e as actividades complementarias e extraescolares que se programen para este curso 2011-2012, realizaranse no contorno da aula ordinaria, agás as relacionadas co deporte escolar e o programa de inmersión lingüística. Non irán incluídas na programación actividades como saídas culturais, festivais conmemorativos e celebracións que requiran un tempo extraordinario para a súa concreción.

Agardamos de vostedes a comprensión destas medidas.

O profesorado do centro

3 comentarios:

Anónimo dixo...

A mín parécenme xustas estas medidas, pero dame pena que por culpa do aumento de horas lectivas os nenos queden sen saídas culturais ou sen festivais. Agora están no tempo de disfrutar, de coñecer,de descubrir cousas... É unha pena.

Anónimo dixo...

BO NADAL!!!!! Profe Ramón. Esperamos que disfrutes dunhas boas vacacións, e de un comezo de ano estupendo. Tamén que os reis magos deixen moitas cousas debaixo da túa árbora. Un saúdo. ATA O ANO!!!!!!!!!!!

Anónimo dixo...

hola a todos se q esto no tiene q ver con el tema peroo.....
soy VALENTINA y los extrañoooooooooooooo los kiero a todos.
valentina ♥♥♥☻♥♥☻☺