26/10/16

O submarino (o experimento de Celia)

Facer as cousas en vivo e en directo ten o seu aquel e con isto dos experimentos nunca sabes como vai saír. Sérvenos para superar os nervios, a frustración de se as cousas non saen (non ten que estar mal por non saír), para buscar solucións, volver tentalo, equivocarnos e, ao final......... ter a satisfacción do traballo ben feito! Moi ben Celia!

 

25/10/16

Hospital de osiños

O hospital de osiños ou Teddy Bear Hospital é un proxecto orientado a nenos/as de infantil de 5 e 6 anos ( que chegou a nós da man de alumnos/as de medicina da USC ) no que os nenos/as se converten en doutores do seu osiño (ou peluche) e así trátase de achegar o mundo da medicina á infancia e facer de paso que, na próxima visita ao médico, non teñan tanto "medo".
Durante a mañá realizamos moitas actividades divertidas:
Facerlle un primeiro diagnósticos ao noso "enfermo" e aprender cousas sobre unha alimentación sana




Facerlle os primeiros auxilios e a reanimación



Poñernos no lugar dun cirurxián



Ser células, glóbulos ou bacterias



E moitas máis cousas: poñer vendaxes, tiritas,utilizar aparatos médicos, aprender cousas sobre o corpo humano..... Todo iso hai que agradecerllo ao esforzo do grupo de medicina que estivo con nós. Graciñas, volvede cando queirades


24/10/16

24 de outubro: Día das Bibliotecas

O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. 
Onde se atopan as historias e os personaxes dos contos? Na lúa, no bosque, onde viven os monstros, moi, moi lonxe..... e tamén nos libros da  biblioteca do cole e do resto de bibliotecas do mundo!
 

19/10/16

As pulgas eléctricas (o experimento de Roi)

O luns Roi ensinounos a todos o seu experimento: as pulgas eléctricas (aquí chamado tamén as bólas tolas).
Materiais:
-Unha bufanda
-Un vaso
-Un disco de vinilo
-Boliñas de papel de aluminio
Ás boliñas custoulles, pero movéronse. Roi explicóunolo moi ben e aprendemos algo sobre a electricidade estática



As boliñas movéronse. Non se ven máis movementos por culpa do cámara (é dicir, o profe jajaja)

13/10/16

Follas do outono

Estes dous últimos xoves, coa profe Mavi, fixemos as nosas follas do outono. Debuxamos o modelo, cortámolo, cubrímolo con pasta de papel e pintamos. Tamén empezamos a repasar os contornos de follas de árbores.

07/10/16

O poder de Amabel

Hoxe fomos á Casa da cultura ver a obra O poder de Amabel. Cóntanos a historia de Amabel, que xunto co seu amigo Braulio, trata de saber cal é o superpoder que posúe. Pásanlles unha chea de cousas ata que o descobren.

05/10/16

Mentres tanto con Araceli....

Hoxe na clase de psicomotricidade con Araceli.....carreira de turmalinos!!!!