27/01/10

Cancións para a Paz: "Día luna, día pena"



"Hoy día luna, día pena,
hoy me levanto sin razón,
hoy me levanto y no quiero,
hoy día luna, día pena.

Hoy día luna, día guerra,
hoy me levanto a pelear,
hoy me levanto y no quiero,
hoy día luna, día muero.

Arriba la luna, oea; arriba la luna, oea.

Hoy día luna, día pena,
hoy me levanto sin razón,
hoy me levanto y no veo,
por ahí alguna solución.

Arriba la luna, oea; arriba la luna, oea.

(A todos aquellos que perdieron la esperanza,
pase lo que pase, sea lo que sea,
próxima estación: ESPERANZA!)

Hoy día luna, día pena,
hoy me levanto con razón,
hoy me levanto y si veo,
por ahí alguna solución!"

(Manu Chao)

Pase o que pase, sexa o que sexa, a próxima estación SEMPRE ten que ser a ESPERANZA.

Parque de bombeiros de Ribadumia



Pola mañá fomos de visita ao parque de bombeiros de Ribadumia. Atendéronnos moi ben e contáronnos cousas sobre o que fan e como viven no parque. Puidemos ver os cans que se dedican á busca de persoas en sinistros, onde entrenan co lume, as instalacións por dentro (cociña, habitación, salas...), a roupa e ferramentas que utilizan, a mangueira co chorro de auga e, por suposto, o camión. Tamén puxeron as sirenas a funcionar e algún tivo que tapar os oídos, que toleaba co ruído.
Cando xa todo parecía que rematara ofrecéronlle aos profes a posibilidade de subir na escaleira do camión e subíronos ata 9 metros de altura (que xa é altura). Menos mal que non os subiron ata os 30 metros que pode subir a escaleira, que os profes xa tiñan medo abondo!

26/01/10

Hoxe o profe apareceu cuns taboleiros na clase. Tocámoslles, miramos se eran máis alto ca nós (e iso dependía de como os puxeramos), ulímolos, golpeámolos....;


miramos tamén a que se parecía ou que poderiamos facer con eles: parecen portas, ventás, mesas, tapas, alfombras....;


quedamos un pouco estrañados cando o profe se puxo enriba dun e nos dixo que podiamos pisalo, deitarnos, saltar....


Cun taboleiro podemos facer/imaxinar moitas cousas, pero... para que serán realmente?

24/01/10

Cancións para a Paz: "Chanda Mama"



Dentro da semana do Día da Paz, unha canción (tradicional da India) que fala da lúa:

"Chanda maama chanda maama raavayyaa,
nannu yettukoni muddulaadu kovayyaa,
maaraalu nenenni cesinaa gaaraalu nive cupinaa,
maaraalu nenenni cesinaa gaaraalu nive cupinaa,
Chanda maama chanda maama raavayyaa,
nannu yettukoni muddulaadu kovayya."

(Playing for change)

Alegría para a vida!

23/01/10

As/so bichicousas

Non sei como foi pero as/os bichicousas andan soltas! Xa sabedes, os platafiños están moi salgados

Xa sabemos que hai profes e mamás que teñen bicopatos

Ou que os tibulatas só comen bonito en lata


Pero tamén está o metrocol, a serpelleira, a bolbopecha, o pingüitor,.....
As/os bichicousas están aí, só hai que buscalos.

("Imaxina animais", Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre, Kalandraka)

01/01/10

Concerto de Ano Novo



Marcha RadetzKy. Feliz Ano Novo 2010.