26/04/17

O corcho equilibrista (o experimento de Xesús)


Un corcho, dous garfos, unha agulla e un dedal. Con estes elementos Xesús amosounos este experimentos co que puidemos aprender cousas sobre a masa e o centro de gravidade. Alucinante ver bailar o corcho no dedal!! Moi ben Xesús!!!

23/04/17

Cociñando (5)

Para rematar coa cociña, o xoves fixemos con Mavi magdalenas: Ovos, fariña, nata, azucre, mantequilla, laranxa e lévedo; mesturamos todo, poñemos no forno e o resultado foi.... unhas magníficas magdalenas que nos saíron (e non é soberbia jajajaja) riquísimas!!!!



Jungle fever

O mércores, os nenos e nenas de 5º e 6º de infantil fomos á Casa da Cultura de Bertamiráns para ver a obra de teatro Jungle fever, representada pola compañía face 2 face. Nela, disfrutamos coas aventuras da nena Tam e o seu amigo Óscar, o avestruz, na selva.


Oshta e o trasno

A mamá de Ángel F. pasou pola aula para contarnos un conto clásico da literatura peruana: Oshta e o trasno. Un conto moi interesante que nos fixo pensar sobre distintas maneiras de actuar. Moitas grazas por pasar pola aula!!!


07/04/17

Cociñando (4)

Hoxe recibimos a visita de Yolanda e José, os pais de Sara, que viñeron facer unhas pizzas con nós. Amasamos, enchémonos de fariña, puxemos o tomate, dous tipos de queixo, xamón, salchichas e olivas. Metémolas no forno e.... saíronnos unhas pizzas riquísimas!!! Desfrutamos moito facéndoas e, por suposto, coméndoas!
Moitas grazas Yolanda e José por compartir esta mañá con nós!!






06/04/17

Cociñando (3)

O mércores tivemos a visita de Jésica, a mamá de Xesús. Con ela cociñamos 2 cousas: bolos preñados e biscoito de laranxa.
Amasamos e puxemos o chourizo dentro da masa para facer os boliños e mentres se facían no forno, puidemos ver como se facía un biscoito: ovos, aceite, azucre, laranxa, fariña, un iogur e lévedo. Todo ben mesturado e ao forno tamén.
Tivo a axuda de Xesús, que fixo moi ben de "pinche de cociña" cando o precisou.
Moitas grazas Jésica por botarnos unha man! Os bolos preñados e o biscoito estaban riquísimos!!!


Auga tímida (o experimento de Adrián G)


Un experimento moi ben explicado por parte de Adrián G. e que ten máis complicación do que parece.
Só unha botella con auga e un coador, non necesitamos máis elementos. Apoiamos a botella no coador, dámoslle a volta e.... non cae!!!! Pero hai que facer a presión suficiente ou derramarase.
Ao rematar, Adrián díxonos que era pola tensión superficial. Entón, Araceli axudounos a entendelo e falounos de átomos e moléculas. Non sabiamos que había cousas tan, tan pequenas!!!
Moi ben Adrián G.!!!