27/10/10

Run, pumpkin, run!







Moitas grazas teacher Loli

20/10/10

O mundo de Calder

Os móbiles...


as esculturas...


as espirais...


o circo...


e as xoias, animais, persoas.... Alexander Calder

08/10/10

As piscinas do cole

Estes días están @s ollomaos contándolle ao profe que van empezar á piscina (penso que de Cambados) e están tod@s emocionados contando que lles mercaron gafas, gorro, bañadores...
Eu, o que lles digo é que poden estrenalos na piscina do cole; temos, ás veces, unha "piscina cuberta" (non é olímpica pero, tamén ás veces, convértese en tal):

Ademais da piscina cuberta tamén temos outras "piscinas ao aire libre"; estas aínda que son pequenas, son máis e, ademais, duran máis tempo:

Este blog pretendeu dende un principio contar as cousas que facían e que traballaban os nenos e nenas desta aula (ademais de tratar de dar a coñecer recursos cos que se poidan traballar, aprender, xogar, outras maneiras de ver o traballo nos coles,....), polo que isto que estou "contando" é algo que supoño non volverei facer, pero é que o inverno é moi longo (e aínda non empezou!) e as piscinas están moi ben, pero onde teñen que estar.

07/10/10

Pintando tacos de madeira




Hoxe deunos por pintar uns tacos de madeira, aos que pensamos sacarlles moito partido durante este ano, que nos regalaron dende o CEIP de Aguiño (moitas grazas para as profes Uxía e Vanesa).
Por certo, lembrade: a pintura non mancha, pinta!