22/12/16

Boas Festas!

A aula de 6º A de Infantil, deséxavos a todos/as unhas BOAS FESTAS!!! Vémonos no 2017!!!!



Podedes ver tamén a felicitación do cole

Tiñamos un secreto: visita a correos!

A semana pasada saímos as 3 aulas de 6º de infantil nunha misión secreta.


A misión consistía en levar unha postal á oficina de correos para que chegase "por sorpresa" ás nosas casas. Alí, explicáronnos todo o proceso que seguen as cartas: dende que as recollen, clasifican, lles poñen o selo e o cruño e, por fin, chegan á casa.


Todo isto foi moi ben explicado polos traballadores/as do servizo de correos da oficina de Bertamiráns, aos que lles temos que agradecer o seu tempo e paciencia e, tamén, que nos axudasen a que vos chegase o "noso secreto".

20/12/16

O vaso co papel máxico 2 (o experimento de Ximena)

Este experimento, non por estar feito xa hai que quitarlle mérito. Ximena fíxoo moi ben: primeiro a explicación e despois a realización. Ela fíxoo con cartolina e non con papel (unha variación do experimento de Rodrigo). Ao principio resistiuse, pero non por non saber facelo: é que non conseguía darlle a volta ao vaso! Era moi ancho!!! Pero ao final saíu perfecto. Moi ben Ximena. 

13/12/16

Ambrosio, o limpador de estrelas

Hoxe fomos, co resto de compañeiros/as de 6º de Infantil, á biblioteca ver (e escoitar) a historia de Ambrosio.


06/12/16

A pementa fuxitiva (o experimento de Mauro)

Un experimento moi ben explicado e realizado por parte de Mauro. Auga, pementa e xel. Moi ben Mauro!

30/11/16

Visita de Carmen e Marián

Hoxe tivemos a sorte de que nos visitaran Carmen e Marián, que traballan na ONCE
E digo tivemos a sorte, xa que grazas a elas puidemos aprender moitas cousas sobre as persoas con discapacidade visual e o seu desenvolvemento no día a día. Trouxeron unha maleta chea de cousas que nos foron ensinando ao longo da mañá e explicándonos para que e como se utilizaban.


Explicáronnos como se utiliza o bastón e como se guía a unha persoa cega cando non o ten ou non ten can guía



Coñecemos a Braillina, unha moneca para aprender a escribir en braille


Vimos o vídeo El color de las flores e tratamos de adiviñar cores utilizando o olor


Puidemos ver e tocar libros con relevo


Puidemos comprobar como utilizan aparatos que lles len libros, como fan cando os chaman ao móbil (e como fan para chamar), explicáronnos máis cousiñas sobre o braille. Tamén responderon pacientemente á chea de preguntas que lles fixemos e tivemos ocasión de ensinarlles algunha das cousas que temos feito polo de agora.
E, cando se foron, deixáronnos un pequeno agasallo!!


Moitas grazas Carmen e Marián (e á ONCE) por todo: por vir, pola vosa paciencia, pola vosa simpatía.... pola vosa axuda.

29/11/16

Adiviña, adiviña!

Fixemos unha actividade na que tiñamos que tentar saber quen era o compañeiro/a que se atopaba diante nosa só tocándoo; cos ollos tapados tiñamos que tocarlle o pelo, orellas, boca, nariz, ollos.... e, a verdade, non era moi doado atinar. As persoas invidentes non o teñen moi fácil.

24/11/16

O misto rebelde (o experimento de Sara)

Unha botella, un misto, auga e unha moeda. Como facemos para que caia a moeda dentro da botella sen que lle toquemos? Sara explicóunolo moi ben e, aínda que lle custou un pouquiño colocar a moeda, o experimento saíu moi ben.

23/11/16

Unha experiencia co Braille

Levamos varios días traballando co Braille
Cada un fixo o seu propio signo xerador aproveitando unha caixa de media ducia de ovos.


Pintamos unhas bóliñas que nos serviron (e servirán) para "escribir"
 

Despois traballamos coas letras do noso nome
 

E, para rematar, escribimos dúas frases entre todos/as. As frases non teñen nada que ver unha coa outra e foron as primeiras que se nos ocorreron. Sabedes o que din? Unha delas, ademais, ten un pequeno erro; cal será?
 

22/11/16

Non é fácil moverse cos ollos tapados

O dito, non é nada fácil. Puxemos uns antifaces e movémonos polo espazo coa axuda duns "bastóns". A verdade é que se é complicado aquí, non queremos imaxinar o que será moverse por unha cidade!

20/11/16

O tele-iogur (o experimento de Noa)


Dous vasos e un fío. Un experimento simple e moi ben explicado por Noa, que nos serviu para aprender cousas sobre a transmisión do son e o teléfono

09/11/16

O vaso co papel máxico (o experimento de Rodrigo)

Con este experimento puidemos aprender cousas sobre a presión atmosférica. Non saíu á primeira; case sae á segunda; á terceira saíu perfecto!!!!! Moi ben Rodrigo


08/11/16

Que temos na mesa?


Hoxe fixemos un pequeno experimento na clase: pechamos os ollos e tiñamos que tratar de buscar ao profe sen abrilos. Non foi fácil, de feito moitos/as fixemos "trampas". Resultaba bastante complicado moverse sen poder ver. Os medos e inseguridades eran moitos. E iso que era na clase, un lugar que dominamos, que estamos cansos de coñecer. Por un momento, pequeno, puxémonos no lugar doutras persoas que teñen esas mesmas dificultades (e outras) no seu día a día.
Para tratar de comprender e achegarnos a elas, empezamos a ter cousas enriba da mesa.

07/11/16

Samaín e magosto

Estes días estivemos a voltas co Samaín (aquí e aquí podes saber máis cousas sobre el) e co Magosto (aquí podes ler algo máis dos magostos). Tiñamos previsto celebrar todo xunto o pasado venres día 4, pero a chuvia non nos deixou.
Só puidemos amosar as follas que fixemos coa profe Mavi



e as cabazas que trouxemos da casa (para ver as cousas que se fixeron no cole, tanto en infantil coma en primaria, sobre o Samaín, só tes que pinchar aquí)



Hoxe o tempo permitiunos celebrar o magosto. Puidemos comer as castañas (que estaban moi boas), bailar e tamén, por culpa dalgún profe "chistoso", a algúns pintáronlles a cara cun tizón.

02/11/16

Música no Auditorio de Galicia

Nesta saída puidemos aprender cousas sobre as distintas familias de instrumentos da man da Pitusa Semifusa , o seu irmán e a súa avoa, que nolos foron presentando por medio de cancións. Aquí vos quedan unhas fotos para que vos fagades unha idea e un vídeo do grupo:


26/10/16

O submarino (o experimento de Celia)

Facer as cousas en vivo e en directo ten o seu aquel e con isto dos experimentos nunca sabes como vai saír. Sérvenos para superar os nervios, a frustración de se as cousas non saen (non ten que estar mal por non saír), para buscar solucións, volver tentalo, equivocarnos e, ao final......... ter a satisfacción do traballo ben feito! Moi ben Celia!

 

25/10/16

Hospital de osiños

O hospital de osiños ou Teddy Bear Hospital é un proxecto orientado a nenos/as de infantil de 5 e 6 anos ( que chegou a nós da man de alumnos/as de medicina da USC ) no que os nenos/as se converten en doutores do seu osiño (ou peluche) e así trátase de achegar o mundo da medicina á infancia e facer de paso que, na próxima visita ao médico, non teñan tanto "medo".
Durante a mañá realizamos moitas actividades divertidas:
Facerlle un primeiro diagnósticos ao noso "enfermo" e aprender cousas sobre unha alimentación sana




Facerlle os primeiros auxilios e a reanimación



Poñernos no lugar dun cirurxián



Ser células, glóbulos ou bacterias



E moitas máis cousas: poñer vendaxes, tiritas,utilizar aparatos médicos, aprender cousas sobre o corpo humano..... Todo iso hai que agradecerllo ao esforzo do grupo de medicina que estivo con nós. Graciñas, volvede cando queirades


24/10/16

24 de outubro: Día das Bibliotecas

O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. 
Onde se atopan as historias e os personaxes dos contos? Na lúa, no bosque, onde viven os monstros, moi, moi lonxe..... e tamén nos libros da  biblioteca do cole e do resto de bibliotecas do mundo!
 

19/10/16

As pulgas eléctricas (o experimento de Roi)

O luns Roi ensinounos a todos o seu experimento: as pulgas eléctricas (aquí chamado tamén as bólas tolas).
Materiais:
-Unha bufanda
-Un vaso
-Un disco de vinilo
-Boliñas de papel de aluminio
Ás boliñas custoulles, pero movéronse. Roi explicóunolo moi ben e aprendemos algo sobre a electricidade estática



As boliñas movéronse. Non se ven máis movementos por culpa do cámara (é dicir, o profe jajaja)

13/10/16

Follas do outono

Estes dous últimos xoves, coa profe Mavi, fixemos as nosas follas do outono. Debuxamos o modelo, cortámolo, cubrímolo con pasta de papel e pintamos. Tamén empezamos a repasar os contornos de follas de árbores.