O hospital de osiños ou Teddy Bear Hospital é un proxecto orientado a nenos/as de infantil de 5 e 6 anos ( que chegou a nós da man de alumnos/as de medicina da USC ) no que os nenos/as se converten en doutores do seu osiño (ou peluche) e así trátase de achegar o mundo da medicina á infancia e facer de paso que, na próxima visita ao médico, non teñan tanto "medo".
Durante a mañá realizamos moitas actividades divertidas:
Facerlle un primeiro diagnósticos ao noso "enfermo" e aprender cousas sobre unha alimentación sana
Facerlle os primeiros auxilios e a reanimación
Poñernos no lugar dun cirurxián
Ser células, glóbulos ou bacterias
E moitas máis cousas: poñer vendaxes, tiritas,utilizar aparatos médicos, aprender cousas sobre o corpo humano.....
Todo iso hai que agradecerllo ao esforzo do grupo de medicina que estivo con nós. Graciñas, volvede cando queirades
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario