30/03/17

Cociñando (2)

Hoxe estivo con nós Isa, a Mamá de Sabela, que nos fixo (xunto coa súa axudante Sabela) uns ricos e sas espetos de froitas. Amorodo, melón, sandía e kiwi: que ricos estaban! Pero antes, "transformaron" esas froitas en divertidas formas que tivemos que adiviñar o que eran. Moitas grazas Isa por pasar este tempo con nós.









Tecendo camiños

Na clase, cando veu a Profe Mavi, estivemos "tecendo camiños"







29/03/17

Cociñando

Onte recibimos a visita de Mari (a Mamá de Adrián F.) que veu cociñar con nós. Puidemos ver como se facía a masa que, posteriormente, utilizamos para facer cada un o seu molete de pan e, como sobraba masa, fixemos tamén unhas mini pizzas.
Auga, lévedo, aceite, sal, leite e fariña. 
Aprendemos cal era o motivo polo que a auga era mellor que estivera tépeda; que se lle botamos un pouco leite, despois está máis crocante; que a cruz que lle facemos cando a poñemos a levedar,  ao desaparecer xa está lista a masa; aprendemos tamén como coller a masa para facerlle o caperucho ao molete, fixemos as mini pizzas e..... comemos o que fixemos. Todo estaba moi rico!!! Moita grazas Mari por vir contarnos todo isto.






Líquidos superpostos (o experimento de Ángel G.)


Con este experimento que nos trouxo Ángel G. puidemos observar as distintas densidades dos líquidos que utilizou. E ademais, con explicación final por se non nos quedara claro. Canto máis denso e pesado é o líquido, máis abaixo está. Vese moi ben coas distintas cores que tiñan os líquidos (podemos ver tamén como o que utilizou en terceiro lugar atravesa o que utilizou en segundo) . Moi ben Ángel G.!!!

23/03/17

Néboa na botella (o experimento de Aarón)


Con este experimento de Aarón puidemos ver o fenómeno da condensación. Cunha botella, unha pouca auga e o fume dunha barriña de incenso aparecía e desaparecía a néboa. A Aarón saíulle músculo de tanto apertar a botella!!! Moi ben Aarón!

16/03/17

Menuda puntería (o experimento de Adrián F)


Con este experimento que nos fixo Adrián F. puidemos comprobar a importancia da percepción da profundidade e a visión binocular. Só precisamos dunha botella e dunha culler pequena para poder realizalo e darnos conta que non é o mesmo facer as cousas podendo utilizar os dous ollos que facelas cun deles tapado. Ademais de Adrián, despois tamén probaron máis nenos/as e viron que a cousa cambiaba. Moi ben por Adrián F.

Xan Perillán compra queixo, compra pan.

Hoxe tivemos a oportunidade de ver a obra Xan Perillán compra queixo, compra pan interpretada por Kukas (Marcelino de Santiago) e os seus monicreques. É unha obra na que se nos anima ao consumo responsable e aos hábitos de vida saudable. Moi boa e entretida obra.





08/03/17

Lámpada de lava (o experimento de David)

Un experimento, o feito por David, para no que observamos as distintas densidades dos elementos utilizados:
auga, aceite, colorante e unha pastilla efervescente.
Explicado claramente e moi ben realizado por David!!!


01/03/17

Entroido

Ao longo da semana desfrutamos do Entroido! Os mandadiños do Meco, as fotos que nos fixemos na biblioteca e, para rematar, o día dos disfraces e o baile. Ademais, ese día, puidemos compartir e degustar sobremesas típicas do Entroido que trouxemos.


Ponlle as pilas ao teu bocata

A semana pasada tivemos unha visita especial. O noso centro está dentro do programa Ponlle as pilas ao teu bocata incluído no Plan Proxecta da Consellería.
Con esta visita puidemos achegarnos ás conservas dos produtos do mar. Aprendemos moitas cousas sobre elas e sobre a necesidade de ter unha alimentación saudable. Ao final, puidemos comer uns bocadillos feitos por nós cos produtos que nos trouxeron. Saíron mesturas moi simpáticas e moi ricas. Non sobrou nada!!!