24/03/10

A hora do planeta 2010 (27 de marzo)

Dende que no ano 2007 máis de 2 millóns de persoas en Sidney (Australia) decidiron apagar a luz durante unha hora para loitar contra o cambio climático, cada ano vaise xuntando máis e máis xente a esta iniciativa. O próximo 27 de marzo volve a "hora do planeta".

Pocoyó tamén se apunta:




Aquí está o vídeo oficial da campaña do 2010 (mirade como se apagaron as luces no 2009):




"Un xesto, un símbolo; mil millóns de xestos, unha acción global polo clima"




O 27 de marzo, das 20:30 horas ás 21:30 horas "APAGA A LUZ, ACENDE O PLANETA". Eu vou facelo, e ti? Só hai que darlle á chave.

17/03/10

Buscamos e pintamos ollos de bonito









Buscamos e pintamos ollos de bonito nas obras de Sonia e Robert DELAUNAY.

08/03/10

As cores do atún


Temos atúns vermellos (ou de aleta azul), de aleta amarela (ou claros), bonitos do norte (ou branco), de aleta negra e tamén atúns listados.

07/03/10

Xogando coas palliñas





Que vemos na obra de Pablo Palazuelo?





Vemos árbores, avións, cristais rotos, letras, animais, teas de araña....

(Pablo Palazuelo)

02/03/10

Migallas


E mañá, na casa da cultura, o grupo "Migallas" coa obra "Camiño de historias"

01/03/10

Hoxe chegounos un agasallo por correo

Hoxe chegounos un paquetiño polo correo; un pequeno agasallo. Luis, o encargado do día, foi quen o abriu. Que sería??? Pois... dentro había unha carta e dúas latas de conserva. O paquete viña dende o otro lado da Ría de Arousa, viña dende Aguiño (Ribeira). Segundo poñía a carta, os nenos e nenas do CEIP de Aguiño, enteráronse de que andabamos a aprender cousas sobre o atún e xa que por esta zona hai moita conserva pois mandáronnos unhas latiñas de regalo. Moitas grazas, contestarémosvos cando teñamos un pouquiño de tempo e procuraremos mandarvos un pequeno agasallo.