27/01/10

Parque de bombeiros de Ribadumia



Pola mañá fomos de visita ao parque de bombeiros de Ribadumia. Atendéronnos moi ben e contáronnos cousas sobre o que fan e como viven no parque. Puidemos ver os cans que se dedican á busca de persoas en sinistros, onde entrenan co lume, as instalacións por dentro (cociña, habitación, salas...), a roupa e ferramentas que utilizan, a mangueira co chorro de auga e, por suposto, o camión. Tamén puxeron as sirenas a funcionar e algún tivo que tapar os oídos, que toleaba co ruído.
Cando xa todo parecía que rematara ofrecéronlle aos profes a posibilidade de subir na escaleira do camión e subíronos ata 9 metros de altura (que xa é altura). Menos mal que non os subiron ata os 30 metros que pode subir a escaleira, que os profes xa tiñan medo abondo!

1 comentario:

Anónimo dixo...

Profe: grazas por adicarlle tempo os nosos fillos e ademais a informarnos do que facedes na escola.O noso non é de contar nada ou case nada do que fai co cal nos encanta entrar no blog e ver que se divirte e que facedes cousas moi interesantes.El está encantado contigo e nos tamén. De verdade que graciñas por este blog.