09/11/09

Peóns, buxainas, trompos....






Hoxe o profe trouxo unha chea de peóns (trompos, buxainas....). Trouxo unha "peona" coa que xogaba o seu pai, trouxo o seu peón de cando era pequeno, había outro que polo visto era de China e que se lanzaba cun pau e cun cordel; e había un que facía ruído coma unha sirena; habíaos grandes, pequenos, peóns que se daban a volta cando xiraban, que tíñan unha serpe que se movía, de moitas cores, de distintos materiais....
Tocámoslles, fixemos series, vimos como se lanzaban, xogamos con eles....
E, a que viña todo isto? Pois ademais de ser un bonito xogo tradicional, é que ademais o día 11 é o Día do Peón, no que o noso cole participa un ano máis e que nós celebraremos mañá co magosto.
Se queredes saber máis sobre os peóns e o Día do Peón non deixedes de visitar o último número do Vieiros da Escola e a páxina de xogos populares.
Polo San Martiño, PEÓNS AO CAMIÑO!.

Ningún comentario: