31/01/17

Actividades no Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da non violencia e a Paz e decidimos facelo indo de "excursión" polo resto de aulas do cole agasallando con abrazos ao resto de compañeiros e compañeiras. A verdade é que disfrutamos un montón! Que mellor cousa hai que unha boa aperta?


Pero isto non é todo. Hoxe continuamos coa celebración e baixamos á biblioteca co resto de nenos e nenas de 6º de Infantil para recitarlles un poema e ver a representación do conto "Negros e brancos" (David McKee) dos nenos e nenas da clase da profe Rosana e escoitar o poema "No a la guerra" (Gloria Fuertes) dos nenos e nenas da clase da profe Fani.
O noso titulábase "Para que haya paz en el mundo" e era unha versión libre dun texto de Lao-Tse . Aquí o tedes; esperamos que vos guste: 

Ningún comentario: