Como consecuencia da Orde emitida pola Consellería de Educación e O.U., con data do 23 de xuño do 2011 (DOG do 30 de xuño) na que se responsabiliza da atención do alumnado, antes e despois do horario escolar, ao profesorado do centro e se lle amplía o horario de atención directa ás actividades lectivas, o profesorado do CEIP Xulio Camba, por maioría, acordou.
1º- Amosar a súa disconformidade coa citada orde, considerando, por unha banda, que asigna ao profesorado funcións que non lle son propias e, por outra, recorta o número de horas que o profesorado viña empregando para a realización de tarefas complementarias, o que incide na calidade do sistema educativo.
2º- Establecer un servizo de garda dun profesor/a en cada edificio do centro para recoller ao alumado transportado a partir das 8:40 horas respectando o establecido na mencionada Orde. Abrir o recinto escolar ao resto do alumnado ás 8:55 horas, hora á que se incorpora a meirande parte do profesorado do colexio. O centro dispón dun servizo "Plan madruga" para recibir alumnos/as a partir das 7:30 horas.
3º- Debido ao aumento das horas de traballo presencial co alumnado, as celebracións recomendadas no calendario escolar e as actividades complementarias e extraescolares que se programen para este curso 2011-2012, realizaranse no contorno da aula ordinaria, agás as relacionadas co deporte escolar e o programa de inmersión lingüística. Non irán incluídas na programación actividades como saídas culturais, festivais conmemorativos e celebracións que requiran un tempo extraordinario para a súa concreción.
Agardamos de vostedes a comprensión destas medidas.
O profesorado do centro
04/11/11
28/10/11
Samaín

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de Samaín e con celebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer calaveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego López Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presenza do elemento céltico ben documentado. En Galicia atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense, etc.
Recollido da páxina do CEIP de Mallón (Nigrán)
08/10/11
12/09/11
Países, países, países...
11/09/11
30/06/11
Felices vacacións!
20/06/11
17/06/11
01/06/11
25/05/11
18/05/11
17/05/11
14/05/11
10/05/11
02/05/11
19/04/11
11/04/11
04/04/11
29/03/11
22/03/11
26 de marzo: a hora do planeta
A hora do planeta chega un ano máis. O próximo sábado 26 de marzo millóns de persoas de todo o mundo apagarán a luz unha hora (un pequeno xesto) polo noso planeta. O que empezou sendo unha acción individual dun país, agora xa é a nivel mundial. Unha persoa ten forza, millóns de persoas teñen moita máis. O sábado 26 de marzo eu vou a pagar a luz de 20:30 a 21:30 horas, e ti? APAGA A LUZ E ACENDE O PLANETA!
21/03/11
04/03/11
03/03/11
02/03/11
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)