Isto rematou! O curso pasou nun suspiro; agora toca disfrutar do verán e esquecervos do cole por unha temporadiña. Pasádeo ben e cargade as pilas para setembro, que aquí estaremos. Bo verán! Bicos e apertas para tod@s.
Aló no norte, na Mariña Lucense, os ollomaos (ou bíteres) traen sorte; navegando, navegando... baixamos ao sur, ao mar de Arousa. Despois dun tempo por alí....remontamos ao interior, polos ríos, e agora chegamos ao Val da Maía!