22/02/17

Día de Rosalía

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, que conmemora o nacemento da escritora. Coma este ano coincídenos coa celebración do Entroido, xa fomos facendo cousas para adiantarnos á celebración. Onte, martes, fomos plantar unha camelia xa que ten unha variedade co nome da escritora. Todas as aulas do cole plantarán a súa camelia.
Hoxe, tuneamos a foto de Rosalía.







Pelotas de ping-pong (o experimento de Ángel F.)


Un experimento  moi sinxelo de facer na casa foi o que nos presentou Ángel F.; necesitamos: dúas pelotas de ping-pong, unha palliña e dúas regras ou paus rectos (Ángel utilizou as caixas de dúas barallas de cartas). Colocamos as pelotas, sopramos e.... as pelotas móvense soas ata xuntarse. Un experimento que ten os mesmos principios que o de Sabela.
Moi ben Ángel F.


19/02/17

Tamén "se fai" música en lingua de signos

Estas son algunhas das cancións que estamos "vendo". Como din nunha delas: "Camiñar e facer camiño. Escoitar, aprender e compartir"

Quérote máis
Terra
Eu teño alguén

Visita ao Gadis de Cacheiras

O pasado martes montamos outra vez no autobús e achegámonos ao supermercado Gadis de Cacheiras (Teo) dentro do programa Alimentes de visitas escolares. Alí puidemos aprender cousas sobre tipos de alimentos, a alimentación saudable, consumo responsable, reciclaxe.....
Puidemos ver tamén como estaba organizado o supermercado e ao final, despois de aprender moitas cousas, fixéronnos un pequeno agasallo a cada un. Moitas grazas!!






16/02/17

Primeiro contacto coa Lingua de Signos

A Lingua de Signos é un sistema de comunicación empregado principalmente pola comunidade xorda/xordomuda ou persoas que viven ou se relacionan con eles.
Estes días puidemos empezar a familiarizarnos con ela e estamos empezando co alfabeto:

Un xiro colorido (o experimento de Aldara)


Para este experimento Aldara precisou: 3 vasos, zume de limón, bicarbonato e a auga de cocer unha lombarda.
A auga da cocción é violeta e ao engadirlle os outros elementos puidemos ver como cambiaba de cor. Isto debíase aos distinto graos de acidez dos elementos.
Moi ben explicado e executado Aldara!

13/02/17

El libro negro de los colores

Tentamos imaxinar como pensarían as persoas invidentes que son as cores. Custounos un pouco ao principio; a idea de que eles non coñecen as cores coma nós (polo menos os de nacemento) era algo complicado de comprender pero, pouco a pouco, despois de pensar e pensar (e trabucarnos, por suposto) foron saíndo cousiñas. Isto foi o que sacamos entre todos/as:
-Verde: podía ser coma a herba cando a pisamos ou coma a menta
-Negro: coma o sabor da comida queimada
-Rosa: coma a mortadela
-Amarelo: como o sol cando nos quenta
-Vermello: coma trabar nun tomate ou coma cando nos ferimos e botamos sangue
-Laranxa: coma cando facemos zume (de laranxa claro)
-Marrón: coma o chocolate quente ou coma a terra
-Azul: coma cando escoitamos as olas do mar
Despois escoitamos o conto: "El libro negro de los colores" e, a verdade é, que non estabamos tan descamiñados co que fomos dicindo.
Escoitade o libro e veredes:

>

09/02/17

A historia de Penélope

A profe Mavi contounos a historia de Penélope, que tecía polo día (e desfacía pola noite) unha manta ata que chegara o seu marido Ulises, que moitos daban por morto.
Propúxonos facer o mesmo ca ela: "tecer unha manta". Aínda que nos custou un pouco, pois parecía máis fácil do que realmente era, quedáronnos "unhas mantas" moi xeitosas.







Alento máxico (o experimento de Sabela)


O alento máxico é un experimento que nos trouxo Sabela e que nos deu algo de traballo. Ao tentalo por primeira vez non saíu; á segunda tampouco; e outra, outra, outra.... Tivemos que desistir e deixalo para outro día. As cousas, cando nos tranquilizamos e deixamos que se temperen, fixo que saen.
E así pasou: á seguinte vez, saíu á primeira!!!! Moi ben Sabela!!!
Dúas latas de bebida, palliñas e un sopro de alento. Aquí tedes como foi:




01/02/17

O vaso que absorbe auga (o experimento de Lucía)

Penso que este experimento non necesita ningunha explicación xa que está todo moi ben dito por Lucía.
Auga, un vaso, un prato, unha candea e un acendedor. Prendemos a candea, tapamos co vaso e....a auga sube!!!
Moi ben Lucía!!!