
Xa hai tempo, os nenos e nenas do CEIP de Aguiño mandáronnos un paquete cunhas latas de conserva; hoxe escribímoslles unha carta (non era sen tempo) para agradecérllelo e xa de paso mandarlles tamén un pequeno agasallo.
"Ola nenos e nenas de Aguiño. Mandámosvos estes ollomaos por ternos mandado as latas de conserva xa hai tempo. Esperamos que vos gusten. Esperamos unha carta vosa contándonos moitas cousas. Bicos e apertas"