11/02/10

E para venres...



"E o venres disfrazados, este entroido rematamos"
PIRATAS!!!

Repartindo abrazos a todo o mundo!



Vaia festa! E veña a repartir abrazos; non quedou ninguén sen el! Primeiro no noso cole e despois no dos maiores. A festa dos abrazos!

E viñemos con pixama

10/02/10

E ademais...



Pois si, o xoves, @s nen@s (e @s profes) da clase de 3 anos A imos regalar abrazos; como se achegan datas "comerciais" (nas que imos estar de vacacións) queremos dicir que para demostrar que queremos ou apreciamos a alguén non necesitamos facerlle agasallos "caros" e menos en días "sinalados"; chega cun simple abrazo. Poir iso, mañá, nós: REGALAMOS ABRAZOS!

E para o xoves ...



"Como te levantas da cama, ven o xoves co pixama"

09/02/10

E para o mércores.....



"Se o mércores te queres divertir, cun mandil terás que vir"

Que trouxemos no pescozo?



08/02/10

Que pasará o martes?



"O martes, día de gozo, trae algo no pescozo"

06/02/10

Semana do entroido

Empeza a semana do Entroido e claro, non poden faltar as "entroidadas". A primeira, para o luns:



"Teremos un luns animado, se traes o pelo pintado".
Xa sabedes, a cabeza de cores!

03/02/10

E os taboleiros ...

E os taboleiros eran para... pintar! Pois si, para pintalos; pero... seguirán así? Ou, seguirán medrando as obras unhas enriba doutras? Poderemos sentarnos enriba deles? Ou, poderemos bailar e saltar? Xa veremos, polo momento temos "dúas obras de arte". Efímero???