23/12/10
16/12/10
O Apalpador

Achégase o tempo en que o Apalpador virá palparnos a barriguiña e deixarnos unha presadiña de castañas:
"Vaite logo, meu meniño/a
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiñaXa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo."
Para saber máis sobre este personaxe lendario pincha no enlace: O Apalpador
15/12/10
Turrón e mazapán
Veña, que quedan poucos días para o festival de Nadal; hai que preparar ben a canción!
13/12/10
10/12/10
04/12/10
28/11/10
27/11/10
Exposición: "Miradas. Desde o informalismo ao multicolor"
Fomos á sede da Fundación Caixa Galicia en Pontevedra para ver unha exposición; Chillida, Tàpies, Saura, Barceló... Observamos, aprendemos, creamos, divertímonos!
15/11/10
08/11/10
05/11/10
Tíralle unha foto a....

Sácalle unha foto a un obxecto que che guste, unha cousa, un lugar... algo que poida ter significado para nós. NON QUEREMOS FOTOS DE CARAS! Por certo, a foto TEÑO QUE SACALA EU (o neno/a) e non papá, mamá, avós, ... aínda que saia movida é miña, fíxena eu (poido facer varios intentos). O VENRES levo a cámara e o LUNS tráioa de volta. Faremos unha exposición con todas elas.
31/10/10
27/10/10
20/10/10
O mundo de Calder
Os móbiles...

as esculturas...

as espirais...

o circo...

e as xoias, animais, persoas.... Alexander Calder

as esculturas...

as espirais...

o circo...

e as xoias, animais, persoas.... Alexander Calder

08/10/10
As piscinas do cole
Estes días están @s ollomaos contándolle ao profe que van empezar á piscina (penso que de Cambados) e están tod@s emocionados contando que lles mercaron gafas, gorro, bañadores...
Eu, o que lles digo é que poden estrenalos na piscina do cole; temos, ás veces, unha "piscina cuberta" (non é olímpica pero, tamén ás veces, convértese en tal):
Ademais da piscina cuberta tamén temos outras "piscinas ao aire libre"; estas aínda que son pequenas, son máis e, ademais, duran máis tempo:
Este blog pretendeu dende un principio contar as cousas que facían e que traballaban os nenos e nenas desta aula (ademais de tratar de dar a coñecer recursos cos que se poidan traballar, aprender, xogar, outras maneiras de ver o traballo nos coles,....), polo que isto que estou "contando" é algo que supoño non volverei facer, pero é que o inverno é moi longo (e aínda non empezou!) e as piscinas están moi ben, pero onde teñen que estar.
Eu, o que lles digo é que poden estrenalos na piscina do cole; temos, ás veces, unha "piscina cuberta" (non é olímpica pero, tamén ás veces, convértese en tal):


07/10/10
Pintando tacos de madeira
10/09/10
Benvidos e benvidas; empezamos!

"...soy la pupila asombrada que descubre como apunta; soy todo lo que se junta para vivir y soñar; soy el destino del mar, soy un niño que pregunta..."
Esperamos que este ano vivades, veñades e queirades preguntar, xa que "saber no puede ser lujo".
Benvidos e benvidas!!! a disfrutar!!! EMPEZAMOS!!!
("El escaramujo"; Silvio Rodríguez; concerto en Pontevedra 2006)
06/09/10
Empeza a conta atrás
Unha cancionciña para que @s ollomaos vaian facéndose á idea de que queda pouco:
(do disco: "Tic-tac", de Pablo Díaz; ed. Kalandraka)
(do disco: "Tic-tac", de Pablo Díaz; ed. Kalandraka)
22/06/10
A nosa última canción de saltar do curso!
Preparados para o curso que ven que hai que saltar moito máis!
FELICES VACACIÓN A TOD@S!
17/06/10
De excursión polo Grove
E chegou o gran día: o da viaxe ao Grove! A verdade é que disfrutamos moito, tanto no acuario coma no catamarán. Vimos cantidade de peixes e outras especies que viven nos nosos (e noutros) mares e demos un pequeno paseo pola Ría de Arousa. Despois, parada na Siradella para comer e xogar un pouquiño. Foi un día completiño (á vista está como quedamos ao final).
12/06/10
07/06/10
Día de praia
Hoxe a Profe Mila e a Profe Mónica preparáronnos uns xogos (moitas grazas) no Terrón para disfrutar da mañá. E ata aló fomos cos compañeiros/as da clase da Profe Auri.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)