10/09/17

Empezamos

"Yo vivo de preguntar, saber no puede ser lujo". 
 Xa estamos aquí! Empezamos! 
 Saúdos para todos/as . 
 ARRANCAMOS!!!!

23/06/17

Última semana; rematamos infantil.

Tivemos unha última semana algo movida:
- Fixemos unha serie de xogos cos compañeiros/as das outras aulas

-Visitounos Paco Nogueiras e desfrutamos co seu Brinca vai!

-Estivemos todos/as xuntos, coas nosas familias "sendo capitáns"


-E, por fin, chegou o último día! Moitos días pasaron entre estas dúas fotos:


NUNCA DEIXEDES DE SOÑAR, NUNCA PERDADES O SORRISO!!!

06/06/17

O sabor da aventura está no mar: saída a Muros

Dentro do programa O sabor da aventura está no mar tivemos unha xornada mariñeira en Muros. Grazas a esta xornada, puidemos visitar o antigo muíño de marea e saber cousas sobre o seu funcionamento; visitar o porto e a lonxa e coñecer distintas artes de pesca, como se traballa na lonxa, a importancia do correcto etiquetado no peixe; desfrutar dunha "merenda mariñeira" e concienciarnos sobre a necesidade dunha alimentación equilibrada... En definitiva, unha experiencia moi boa para nós na que desfrutamos e aprendemos por partes iguais.


05/06/17

Experimentando con gotas de pintura

É fácil, unhas gotas de pintura e probamos a estendelas de diferentes xeitos: diluída en auga e movemos as gotas tratando de que non caian; mesturándoas cunha "paleta"; trazando camiños con bólas....


23/05/17

Tendal de poemas; entre ríos e camiños

A Aula da Natureza e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames xunto cos E.N.D.L.G dos distintos centros de ensino de Educación Infantil e Primaria do Concello organizaron a actividade: "TENDAL DE POEMAS; entre ríos e camiños".
O alumnado e profesorado seleccionou unha serie de poemas de escritores/as en lingua galega que tiñan como temática xeral a natureza (no seu sentido máis amplo). Os poemas foron copiados e ilustrados nunha silueta de lona dunha peza de roupa. Todas esas pezas de roupa foron colgados o luns 23 en distintos lugares do Concello. Os poemas do noso Centro, leváronse ao paseo fluvial de Bertamiráns. O noso poema levárono Ximena e Ángel F. en representación da clase.


Día das clases ao aire libre

O pasado 18 de maio, o noso cole participou no Día das clases ao aire libre e a nosa aula foi, xunto cos nenos/as de 5º de Infantil da Profe María F., a Castrigo. Collemos folios, lapis, pinceis e acuarelas e decidimos ir debuxar algo copiado do natural e pintalo. Puidemos desfrutar do entorno e do pracer da pintura noutro medio que non é o habitual para nós.