13/02/11

Día do abrazo


Mañá, polo visto, é San Valentín e a xente anda tola mercando cousas para.... “ter que demostrar” o amor que se ten por outra persoa; un día para “mercar”, un día para “demostrar”, vamos un día comercial e inventado. Na clase dos ollomaos, coma sempre, imos regalar abrazos. Non nos fai falta un día para querer a alguén (todo o mundo que entra na nosa aula sabe que sempre pode levar, polo menos, unha boa aperta), iso demóstrase cada día, e, sobre todo, non nos fai falta mercar nada para querer o sentirse querido: o mellor agasallo unha aperta! Mañá, nós regalamos apertas a todo o mundo!!! Outro ano máis “san abracín”, o día do abrazo!

1 comentario:

Anónimo dixo...

Todos los días debería ser san valentín. No hace falta que nadie nos recuerde que queremos a las personas que comparten nuestras vidas con nosotros. Pero aún así, FELIZ SAN ABRACÍN!!!!!