24/03/10

A hora do planeta 2010 (27 de marzo)

Dende que no ano 2007 máis de 2 millóns de persoas en Sidney (Australia) decidiron apagar a luz durante unha hora para loitar contra o cambio climático, cada ano vaise xuntando máis e máis xente a esta iniciativa. O próximo 27 de marzo volve a "hora do planeta".

Pocoyó tamén se apunta:




Aquí está o vídeo oficial da campaña do 2010 (mirade como se apagaron as luces no 2009):




"Un xesto, un símbolo; mil millóns de xestos, unha acción global polo clima"




O 27 de marzo, das 20:30 horas ás 21:30 horas "APAGA A LUZ, ACENDE O PLANETA". Eu vou facelo, e ti? Só hai que darlle á chave.

2 comentarios:

Belén dixo...

Eu xa tiña pensado apagar pero agora que vexo que Pocoyó tamén vai apagar non hai dúbida!!! je je

bicossss

Pd. Profe Ramón copiocho video vale?

profe Rosa dixo...

Seguro que por aquí tamén se apunta alguén máis. Gracias por compartir o post.

Rosa - Pazos