21/02/11

A foto de... Rubén


A foto que sacou Rubén.

16/02/11

As piscinas (2)

No cole de infantil estamos de sorte; non só temos piscinas ao aire libre

tamén temos piscina cuberta; ademais climatizada (o de climatizada é que a temperatura depende do clima)

Aínda que todas estas piscinas son "olímpicas" o problema é que somos máis de 200 nenos/as neste edificio e non cabemos todos/as; bueno si, nas piscinas pode ser, pero fóra delas xa é outro cantar. Pois nada, teremos que facer turnos de "natación".

15/02/11

A foto de... Sara


A foto que sacou Sara.

14/02/11

Doutor, doutor, recéiteme apertas....


E hoxe fomos regalar apertas! Nós non celebramos San Valentín, nós agasallamos a todo o mundo con apertas, hoxe e sempre! Para os/as que non puidestes, estar vaia tamén esta aperta virtual. "Doutor, doutor, recéiteme apertas; xornadas de portas abertas; raios de sol de porcelana..."