10/09/10

Benvidos e benvidas; empezamos!





"...soy la pupila asombrada que descubre como apunta; soy todo lo que se junta para vivir y soñar; soy el destino del mar, soy un niño que pregunta..."
Esperamos que este ano vivades, veñades e queirades preguntar, xa que "saber no puede ser lujo".
Benvidos e benvidas!!! a disfrutar!!! EMPEZAMOS!!!
("El escaramujo"; Silvio Rodríguez; concerto en Pontevedra 2006)

06/09/10

Empeza a conta atrás

Unha cancionciña para que @s ollomaos vaian facéndose á idea de que queda pouco:


(do disco: "Tic-tac", de Pablo Díaz; ed. Kalandraka)

22/06/10

A nosa última canción de saltar do curso!



Preparados para o curso que ven que hai que saltar moito máis!
FELICES VACACIÓN A TOD@S!

17/06/10

De excursión polo Grove

E chegou o gran día: o da viaxe ao Grove! A verdade é que disfrutamos moito, tanto no acuario coma no catamarán. Vimos cantidade de peixes e outras especies que viven nos nosos (e noutros) mares e demos un pequeno paseo pola Ría de Arousa. Despois, parada na Siradella para comer e xogar un pouquiño. Foi un día completiño (á vista está como quedamos ao final).

12/06/10

Aniversarios 3º cuadrimestre




Parabéns Iria, Ana, Tania, Luis, Noa, Teresa e Ainara!

07/06/10

Día de praia




Hoxe a Profe Mila e a Profe Mónica preparáronnos uns xogos (moitas grazas) no Terrón para disfrutar da mañá. E ata aló fomos cos compañeiros/as da clase da Profe Auri.

21/05/10

Carta para os nenos e nenas do CEIP de Aguiño


Xa hai tempo, os nenos e nenas do CEIP de Aguiño mandáronnos un paquete cunhas latas de conserva; hoxe escribímoslles unha carta (non era sen tempo) para agradecérllelo e xa de paso mandarlles tamén un pequeno agasallo.
"Ola nenos e nenas de Aguiño. Mandámosvos estes ollomaos por ternos mandado as latas de conserva xa hai tempo. Esperamos que vos gusten. Esperamos unha carta vosa contándonos moitas cousas. Bicos e apertas"