31/01/17

Actividades no Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da non violencia e a Paz e decidimos facelo indo de "excursión" polo resto de aulas do cole agasallando con abrazos ao resto de compañeiros e compañeiras. A verdade é que disfrutamos un montón! Que mellor cousa hai que unha boa aperta?


Pero isto non é todo. Hoxe continuamos coa celebración e baixamos á biblioteca co resto de nenos e nenas de 6º de Infantil para recitarlles un poema e ver a representación do conto "Negros e brancos" (David McKee) dos nenos e nenas da clase da profe Rosana e escoitar o poema "No a la guerra" (Gloria Fuertes) dos nenos e nenas da clase da profe Fani.
O noso titulábase "Para que haya paz en el mundo" e era unha versión libre dun texto de Lao-Tse . Aquí o tedes; esperamos que vos guste: 

26/01/17

Un ovo que flota (o experimento de Martina)

Auga, sal e un ovo.
Que pasa se metemos un ovo fresco en auga doce? E se o metemos en auga con sal? Con este experimento de Martina, puidemos comprobar que ocorría. Metemos o ovo en auga con sal e....maxia, o ovo flotaba!
Moi ben Martina!


19/01/17

A pementa fuxitiva 2 (o experimento de Suso)

Un experimento xa feito anteriormente pero que Suso realizou á perfección: díxonos que cousas necesitabamos para realizalo, explicou moi ben como facelo e ....... éxito rotundo!!! Moi ben Suso!!!

12/01/17

Traballando o volume

Gústannos as cousas que facemos coa profe Mavi. Sempre vén con algo novo e desfrutamos moito.


09/01/17

Volta ao cole con sorpresa: un escornabot na clase!

Tocaba volver ao cole e tiñamos unha sorpresa! O profe dixo que ía pedirlles aos Reis Magos un robot para a aula e debeuse portar ben xa que había unha caixiña, con carta asinada e todo, cun agasallo


Si, era un pequeno robot (escornabot)que se movía! Puidemos ver os seus movementos e dentro de pouco poderemos empezar facer moitas cousiñas con el


Tiñamos que poñerlle un nome e, despois de pensar varios entre todos/as, saíu por votación: Estrellita
Así que.....benvido (ou mellor, benvida) á nosa aula!!!